Cantos miúdos
Cantos e contos pensados para a xente miúda.

Cantos e contos pensados para a xente miúda.
Animaliños é unha peza na que se contan contos de todo o Mundo.
Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia...
A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación abandone a cidade... e viaxe ó bosque... á selva...
Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha pega moi lambona e a un coello e a un loro que teñen unha granxa...
Idade: de 4 anos en adiante.
Duración: 45 minutos.
É necesario recoller invitación.
Víctor Sanabria, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparte o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
"Animaliños” é unha peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o Mundo.
Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia........
A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación abandone a cidade….. e viaxe ó bosque….. á selva…..
Imos coñecer á Gata Kisha, á unha tartaruga moi intelixente, unha urraca moi golosa e á un coello e a un loro que teñen unha granxa……..
Duración: 40 minutos Na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos.
O punto de partida da sesión de conta contos será unha caixa. Dela aparecerán diferentes obxectos que darán pé a todas e cada unha das historias que a actriz, Olga Cuervo, contará aos asistentes para, co seu bo facer, defender a tradición oral e inculcar aos nenos e nenas o amor polos contos.
No salón de actos da biblioteca, para público familiar.
Terras bravas, húmidas, fértiles e graníticas, Irlanda e Galicia, dúas terras que mira ao Atlántico. Con este espectáculo quéreselles render unha homenaxe conxunta. A historia de Brian O´Brian, o home que non sabía contar historias, servirá de fío condutor para ir desenvolvendo a trama e introducindo novas historias.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Bebecontos infantil 'Os cinco sentidos' por Xeitura - Xestión Integral do Patrimonio Cultural.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en bebés e descubrindo a creatividade individual e colectiva ao tempo que se fomenta a interrelación familiar.
Lugar: sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Para bebés de 3 meses a 24 meses..
Data: sábado 8 de abril ás 12 horas
15 prazas.
Coñeceremos unha nova personaxe que vive na biblioteca e que nos guiará dende os inicios da escritura e dos libros ata hoxe. Ese mesmo día saberemos o nome da fada que será escollido previamente polos rapaces. Sábado 22 ás 12 h. Para rapaces de 6 a 12 anos.
Obradoiro en inglés para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Celebráse na Sala infantil da biblioteca.
Actividade que ten como obxectivo achegar as legumes ao público a través da lectura de contos que as teñen como protagonistas, a cargo de Científicos da Unidade de Cultura Científica, CSIC
De 6 a 8 anos. Sala infantil.