Tú, yo y un montón de secretos
O meu avó, Domingo Martín, nas noites de lume e cheminea, dicía que con tanto brillo é imposible gardar un segredo.

O meu avó, Domingo Martín, nas noites de lume e cheminea, dicía que con tanto brillo é imposible gardar un segredo.
Contos para vivilos ao mesmo tempo que se aprenden as vocais, os números, o valor dos soños e o amor pola nosa lingua.
Margarita Castro, María José Pardo e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Historias máxicas que nos levan por universos soñados e construídos á medida da fantasía infantil. Visitamos o mundo irreal dos contos e achegamos a sabedoría irónica das palabras e argumentación absurda que fai as delicias de nenas e nenos, para dar resposta á curiosidade propia do público infantil mediante unha marabillosa enciclopedia inexistente.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Un contador que leva contos para pequenos e non tan pequenos. Contos metidos nun saco, contiños que queren saír. Contos de risa e de medo, contos que queren brincar, contos de día e de noite, contos... para escoitar e contar.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
A princesa Sabela é unha princesa que non quere ser princesa, non quere vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan de cousa ...
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Celebrando o Día da Biblioteca, unha escolma de contos onde os libros, as bibliotecas e as bibliotecarias e bibliotecarios son especiais, máxicos.
Contos que teñen maxia ou que son máxicos. Facer maxia para que aparezan ou facer que a hora en que aparezan sexa máxica. Só se precisan palabras máxicas!
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Porquiño acaba de nacer. Aínda que ao principio só lle interesa comer e durmir, pouco a pouco vai descubrindo o mundo que o rodea. Pero como é despistado ás veces pérdese e coñece outros lugares.
Para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Cada neno ou nena só poderá estar acompañado por unha persoa adulta.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Que farías se atopases unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido? Atréveste a acompañarnos e buscar o resto do tesouro?
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.