Contos vellos para rapaces novos
Galicia Culturea réndelle homenaxe a Xosé Neir Vilas para achegarlle a público xeral e, nomeadamente, á cativada dos 5 aos 10 anos, unha manchea de historias que recrean mostras da narrativa tradiconal de comunidades dos cinco continentes, dende a Europa albanesa ou ucraína até as afastadas terras de Nova Zelandia ou Australia.
A actividade chegará este verán a 24 entidades da Rede de Dinamización Lingüística. Os asistentes terán ocasión de facerse cun exemplar do fermoso libro homónimo editado en gran formato por Bolanda Edicións con ilustracións de Antía Barba.

