Afiador e paraugueiro!
Un achegamento ao mundo dos afiadoes con Rodesindo da Barrosa, "gobernador de Ourense".
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Un achegamento ao mundo dos afiadoes con Rodesindo da Barrosa, "gobernador de Ourense".
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Fío é unha invitación a aloumiñarse, a adiviñar, a escoitar sons e a cantar, a xogar, a confiar... pero tamén a tirar dos fíos das historias que se enredan nas nosas orellas e mans. Unha sesión de contos orientada a transmitir valores sen caer no didactismo e afastándose de moralismos. Contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades ... contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.
Na ludoteca, para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos. Duración: 50 minutos.
Sesión de contacontos a cargo de Soledad Felloza.
Dous amigos conversan baixo a fresca sombra, cando algo se pousa sobre a cabeza do máis alto. Que será que non será, esta historia comeza xa.
Para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos, na ludoteca, cunha duración aproximada de 40 minutos.
Sinopse: A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
Narración oral con contos de medo, de amor, de pequenos e de grandes... todos revoltos na maleta da contadora.
Sesión de contacontos de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia
Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Con inscricións a partir do 30 de maio, luns, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.
30 bebés, que poderán ir acompañados de ata dous adultos por cada un.
Para nen@s a partir de 3 anos.
¿Qué sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?
Fátima Fernández nos achega esta divertida historia para os máis pequenos da casa. Para rapaces de 1 a 3 anos. Aberta ata completar aforo
O funcionamento da Sala infantil verase interrompido durante a celebración da actividade
Nesta sesión, mediante contos, curiosidades e xogos, introdúcense ás nenas e nenos no máxico mundo da arte para espertar a súa sensibilidade e capacidade de observación.
Estimúlanse os diversos sentidos cunha arte á súa medida para favorecer a creatividade e darlle a oportunidade de expresar a visión do seu mundo particular.
Contacontos a cargo de Lisístrata, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Sesión de contacontos a cargo da FAPXG, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Integrantes da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG) interpretan contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Un día un ratiño atopa unha caracola e esta concedelle un deseo. Él pide coñecer a Sabana africana porque lle encantan os animais, e así é como coñece a outros animais que lle contan marabillosas historias.
Contacontos a cargo de Beatriz Iglesias, para público infantil a partir de 3 anos.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.