Maxia divertida e libros
Maxia para nenos e nenas, con participación dos asistentes.
Unha actividade divertida e sorprendente, sempre con relación aos libros.

Maxia para nenos e nenas, con participación dos asistentes.
Unha actividade divertida e sorprendente, sempre con relación aos libros.
Co motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, organízase unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de 4 a 8 anos, que gozarán coas aventuras e trasnadas da pequena Rosalía que toman como punto de partida os poemas de Cantares Gallegos e o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a súa infancia.
Rodolfo Couto leva 5 anos percorrendo bares e discotecas facendo monólogos (e moitos máis sen facelos...). Podería definirse como un intelectual de barra que non dubida en sincerarse diante dun gin tonic. Porque as penas con alcol son menos e non hai mellor confesor que o público que gosta de ver comedia.
Como cambia o tempo... agora chove... agora fai sol.... Como cambian os tempos... antes con cen pesetas ías ao super e saías con un cartón de leite, unha barra de pan, unhas maquinillas de afeitar bic, cen gramos de chourizo e 200 de mortadela con aceitunas... Agora con tanta cámara....nada! Os tempos cambian ou non? Despois dunha longa travesia polo árido e caluroso deserto... case deshidratado vaise sentindo a humidade e olor caracteristico do mar.... humidade q se converte en temporal de forza 4 ou cicloxénese exploxiva... porque nisto dos nomes tamén se cambia.
Cucarandainas achéganos unha actividade destinada a rapaces de 1 a 3 anos. Xoves alternos ás 18:00. Aberta ata completar aforo. Por favor, prégase puntualidade.
O segundo e cuarto xoves de cada mes, ás 18 h. os meniños poden asistir a actividades especialmente pensadas para eles.
Actividade de narración oral destinadas a rapaces de 1 a 3 anos. Xoves alternos ás 18:00. Aberta ata completar aforo.
O segundo e cuarto xoves de cada mes, ás 18 horas os meniños e meniñas poden asistir a actividades especialmente pensadas para eles.
Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.
Para bebés de 0 a 3 anos.
Con inscrición e recollida de invitacións a partir do 15 de febreiro, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (986 85 08 38) de 9:00 a 20:30 h.
25 bebés (1 adulto por cada bebé)
Contos, adiviñas, refráns, fraseología e xogos tradicionais e de nova creación con formatos contemporáneos.
Para público familar a partir de 3 anos.
Espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.
Esta historia comeza cun libro máxico e xigante no que aparecen personaxes fantásticos que traerán contos para contar, cantar, rir e facer maxia.
Espectáculo educativo e lúdico. Para público familiar, a partir de 4 anos.