Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos de peto

Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. Neles  van parar as cousas que acompañan o día: unha pedra bonita do camiño, un papel cun debuxo, unha chave que abre portas coñecidas, unha canica que brilla ao sol. Ás veces, gardan silencios, pensamentos pequenos ou segredos que non queremos que se perdan polo vento.

Co paso do tempo, todas esas cousas comezan a falar entre elas. A pedra lembra o camiño, o debuxo inventa personaxes, a chave abre portas que antes non estaban…, sen decatarnos, dentro do peto empezan a nacer historias que medran ata converterse en contos.

Galego

Xogamos!

Sabemos que o xogo é a maior ferramenta de aprendizaxe que temos... Pois nesta sesión de narración oral é precisamente o que imos facer... Xogar!!!

Xogar cos nosos corpos... Xogar coas nosas voces... Xogar co noso ritmo... Xogar entre nós... Xogar coa nosa imaxinación...

En definitiva, xogar a través dos contos!!!

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 35 minutos

15 prazas

Galego

Día da narración oral

Para celebrar o Día da Narración Oral, contaremos coa narradora Charo Pita, que nos traerá a sesión “A rodar, historias”: un encontro cheo de relatos, reflexións e humor arredor da tradición oral.

Descubriremos contos marabillosos, protagonistas desta viaxe polas historias que pasan de boca en boca.

Anímate e vén desfrutar dunha sesión chea de ensinanzas e beleza, onde deixar voar a imaxinación e aprender a transmitir emocións a través das palabras. Agardámoste!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Horario: 16:00h

Galego

As mil e unha

FalaRedes non podía faltar en 2026 á súa cita coas Letras Galegas. Como primeira actividade deste ano, propón unha peza infantil e familiar que permita achegarlle á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e mais na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo?

Galego

Babies experience

Prazas esgotadas. Formulario pechado

Nesta actividade os nenos e nenas de 1 e 2 anos coñecerán a Mousy e Linda, dous simpáticos ratiños que os acompañarán nunha primeira aventura chea de descubrimentos.
A través dunha caixa secreta, exploraremos cheiros, texturas e sons con materiais suaves e estimulantes como maracas, flores delicadas e pompas de xabón, creando unha experiencia sensorial divertida e adaptada á súa etapa de desenvolvemento.

Galego

Festa

Historias divertidas para contar e cantar. Sesión de narración oral, expresión dramática e música para todos os públicos. Ésta é unha proposta composta por algúns dos contos máis divertidos e chispeantes da literatura infantil.

Data e hora: venres 10 de abril ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Chimpo de ra

Sesión de contos con obxectos e monicreques para nenos de 1 a 4 anos.

Nano é o maior é dá grandes chimpo de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela.

Nano ten ciumes de Nona, “Agora-pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeno outra vez...

 

Data e hora: venres 17 de abril ás 17.00 h.

Público destinatario: infantil de 1 a 4 anos (acompañados por un adulto)

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 8 de abril ás 9.00 h.

Galego

Contiario

Celebramos o Día do Libro con este espectáculo. No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, monovocalismos, contos de canción. Ti escoita e cando conte contos conta cantos contos conto.

Esta sesión amosa a gran variedade, orixinalidade e riqueza da tradición oral e da literatura infantil.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre. A capacidade da sala é de 70 persoas.

Galego

Contos con tradición

Contos tradicionais acompañados polas melodías e ritmos galegos que nos son propios, acompañados polas voces das nenas e nenos que participen na sesión.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral