Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Continentes. Contos do mundo

Contos do mundo en pequenas maletas. Un mundo de contos para nenos e nenas. Viaxes que lembran historias e xente. Recordos, palabras, e un conto por cada continente.

Duración: 45 minutos.

De 4 a 12 anos, ás 12.00 h. na sala infantil.

Inscrición previa, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445, dende a o luns anterior á actividade.

Galego

Monkey Puzzle

Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Contamos contos de lobos

Contamos Contos de Lobos? é un espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.

Galego

Amoriños contei

Amoriños Contei é unha seria de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo; pero non falamos só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillo, o amor ás zapatillas vellas, o amor as cousas...

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Happy birthday Sam!

Prazas esgotadas. Formulario pechado.

Sam é un peque que está a celebrar o seu terceiro aniversario e, de súpeto, dáse conta de que xa é un “big, big boy”. Fíxose maior! Agora pode facer moitas cousas el soíño: vestirse, comer, ir durmir e mesmo ir ao baño. Nesta actividade celebraremos xunto a el este día tan especial. Contaremos as candeas da súa torta (unha torta de xoguete!), cantaremos o “Happy Birthday”, darémoslle o seu agasallo e gozaremos dunha festa chea de ilusión e alegría. 

Público infantil de 3 a 5 anos 

Duración: 40 minutos

Galego

Aventuras do bosque. Raquel Galavis

A través de historias sinxelas, belamente narradas, os nenos explorarán emocións, sons, texturas e elementos do entorno natural que os rodea. Unha proposta conectada coa realidade cercana dos pequenos, que fomenta a imaxinación e promove un desenvolvemento natural e unha maior comprensión do mundo que nos rodea..

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

O porquiño vai ao mar. Ana Carreira

Porquiño emprende a súa primeira gran viaxe: vai ver o mar.

Polo camiño, descobre novas cores, sons e movementos, e alí entre as ondas e a area fai amizade con novos amigos cos que xogar, cantar e bailar . Xuntos viven pequenas aventuras cheas de ritmo e tenrura ata que, case sen buscalo, atopan un tesouro moi especial.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral