Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bebencontro

Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias.

Día 22/02 - Bebés de 0 a 12 meses

Día 29/02 - Bebés de 13 a 24 meses

Día 21/03 - Bebés de 0 a 12 meses

Día 25/04 - Bebés de 0 a 12 meses

Día 30/05 - Bebés de 0 a 24 meses

Galego

Querida ovella negra

Sábado de Animación, 25 de Xaneiro

QUERIDA OVELLA NEGRA, contacontos teatral pola Compañía do Trinke Trinke

As ovellas e os ratos de Lonxedetodo algunhas veces fan as cousas por imitación, sen pensar se están a facer o que realmente queren

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos

Sábado 25 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Ludoteca da Sala Infantil

Entrada libre

 

Galego

Remexido de animais

Sábado de animación, 18 de Xaneiro

REMEXIDO DE ANIMAIS, bebecontos por Charo Pita

Animalario de cibris con cancións e xogos para os máis cativos

Dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados dun adulto

É necesario inscribirse (contamos con 30 prazas), ben presencialmente, na propia Biblioteca, ou enchendo este Formulario de solicitude

Galego

O mellor Nadal

Sábado de Animación, 4 de Xaneiro

Contacontos O MELLOR NADAL, por Iago López

Esta época do ano está chea de maxia, ledicia e sorpresas... pero tamén poden xurdir algúns problemas...

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos

Sábado 4 de xaneiro, ás 12:00 horas. Na Ludoteca da Sala Infantil

Entrada libre e de balde

 

 

 

Galego

Contos de inverno

Con ilustracións e palabras temos imaxes para os sentidos: cando o frío conxela o nariz, o vento abanea as orellas e a chuvia peta nas tempas, hai contos que aquecen o corpo e o maxín co sabor a chocolate. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un bosque na maleta

Brais dos bosques, o “mouro Moure", chega á biblioteca cun bosque dentro dunha maleta inzada de variñas máxicas de teixo e sobreira, trasniños, carrabouxos, meigas, magas, vasoiras voadoras …, para viaxar ate soutos e fragas aprendendo a nadar entre as árbores a xeito dun baño de bosque. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

Galego

Rapuncel e o partido de fútbol

Iago López será o encargado desta sesión de contacontos para nen@s de 4 a 6 anos.

A Princesa Rapunzel abúrrese no seu mundo rosa, a ela o que lle parece moi divertido é ir a xogar ao fútbol no país azul ....

Precísase inscrición previa que se pode facer coma sempre chamando aos teléfonos 988 788 385 / 988 788 386

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral