Argallar
'Argallar' é un grande compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo.
As nenas e os nenos xogando son a exposición en si, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, liberdade e lugares de relación entre os seus xogadores. Para iso, créanse diferentes zonas de xogo, dentro dunha mesma paisaxe, onde as accións superpóñense e cohabitan.
+info