Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Buscando a Rosalía

Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón. "Que bela e caprichosa é a alegría" ( Rosalía de Castro) Espectáculo de narración oral.

Para 30 nenas e nenos de 4 a 12 anos, na ludoteca. Duración: 45 minutos

Galego

Kenka un Kenko!

Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!! chorou a nena. E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu. Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto.

Galego

Contos de inverno

Cando o frío conxela o nariz, o vento abanea as orellas e a chuvia peta nas tempas, hai contos que aquecen o corpo e o maxín co sabor a chocolate.

Para 30 nenas e nenos de 4 a 12 anos, na ludoteca. Duración: 45 minutos

Galego

Signame! Contos en lingua de signos

Narración dun conto acompañado dun intérprete en lingua de signos e un taller de aprendizaxe dos signos do vocabulario máis significativo do conto a través de xogos visuais e de participación.

Para  nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil e no  teléfono 982828329.

Galego

Paxariños , contaconto para os máis pequenos

Nesta nova sesión do Chiquiclub Trinke Trinke tráenos un contaconto para nen@s de 0 a 3 anos, "Paxariños" nel contarán os contos Turelí Tureló, O Gran libro do Polo Pepe e Sal do Cascarón Poliño.

Actividade que precisa de inscrición previa ben presenciamente ou chamando aos números de teléfono 988 788385 e 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.

Galego

Contacontiños

Contiños miudos para comezar o ano, contiños para imaxinar, para cantar e desfrutar. Un primeiro achegamento ao máxico mundo dos relatos e as historias.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

É necesario recoller invitación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral