Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos do dereito e do revés

 Contada a cargo de autoras de LIX galega e narradoras orais como Eli Ríos, Eva Mejuto ou Raquel Queizás. Está dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos e ás súas familias.

Igual-son é un proxecto xestionado por Capicúa que traballa con obradoiros e contadas na sensibilización de diferentes grupos de idade. Oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística acollerán as actividades.

 

Axenda de Igual-son

Data e hora

Lugar

Espectáculo

Concello

Galego

Pequeno Circo de Nadal

Espectáculo de contacontos e danza no que varias das figuriñas do Nadal cobran vida por arte de maxia na noite de Nadal e veñen a contarnos que foron deixadas, por un despiste do Reno Rodolfo, nese mesmísimo lugar.

Un espectáculo divertido para pasar en familia, nas festas máis doces de todo o ano.

Data: 23 de decembro

Horario: 18:00 h

Duración: 70 minutos

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Público: Todos os públicos

Prazas: 120

Observacións: de balde, precisa inscrición no web

Galego

Gatuxo, de Magín Blanco

Espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué.
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da infancia e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é titiriteiro cos obxectos cos que salta e, por suposto, é o narrador da súa propia historia. Gatuxo é a semente da arte mesma.

Galego

A carreta pantasma

A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á
 escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

Galego

Contiños con Susana

Sesións de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada.

Actividade para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

Precísase inscrición previa ben presenciamente ou chamando aos números de teléfono 988 788385 e 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral