Cueiros de cores
CUEIROS DE CORES, pola Compañía do Trinke-Trinke
Como é habitual, os ratos de Lonxedetodo visitan a Biblioteca con novos contos
SÁBADO 21 de decembro, ás 12:00 horas
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada libre

CUEIROS DE CORES, pola Compañía do Trinke-Trinke
Como é habitual, os ratos de Lonxedetodo visitan a Biblioteca con novos contos
SÁBADO 21 de decembro, ás 12:00 horas
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada libre
BECHIÑOS, bebecontos por Ana Facchini
Un coello que sempre anda perdido
Un ovo moi raro cun becho agotado
Cinco patiños que agardan durmidiños...
Cantos e contos de animais para pequeños bechiños
SÁBADO 28 de decembro, ás 12:00 h., na Ludoteca
Dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados dun adulto
Magín Blanco volve ao teatro co novo espectáculo de 'A nena e o grilo'. A programación para escolares Afundación Obra Social ABANCA 2019-2020 acolle a obra para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
Durante un mes completo, o noso parque máis insigne lucirá unha iluminación artística especial. Desde o venres 29 de novembro ao luns 6 de xaneiro, o Paseo da Ferradura na Alameda brillará máis que nunca: a instalación lumínica simula unha congostra rodeada de árbores polas que penetra a luz da lúa e as estrelas da Vía Láctea, coma se fose un bosque sacro.
Organiza: Turismo de Santiago / Concello de Santiago. Co apoio de: Deputación da Coruña.
Contacontos a cargo de Voltereta e Volvoreta con motivo da Festa Familiar de Outono do Concello de Nigrán.
Contacontos que forma parte da Festa Familiar de Outono do Concello de Nigrán a cargo de Voltereta e Volvoreta.
ABRABEBÉ Logo de ABRAPALABRA, Carlos Coira volve con ABRABEBÉ. Partindo dos libros que forman a colección CONTO CINCO SENTIDOS de José Campanari en editorial OQO, presentamos agora un espectáculo para bebés A maxia, o clown, o xogo con obxectos e a lectura en voz alta xúntanse para facer unha viaxe polo mundo dos sentidos disfrutando do xogo e dos libros.
Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Duración: 35 min.
'Argallar' é un grande compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo.
As nenas e os nenos xogando son a exposición en si, o xogo constrúe este espazo, que propicia e incorpora múltiples variantes, xerando autonomía, liberdade e lugares de relación entre os seus xogadores. Para iso, créanse diferentes zonas de xogo, dentro dunha mesma paisaxe, onde as accións superpóñense e cohabitan.
+info
Sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.
Na sala de obradoiros da biblioteca.
Espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal constitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para un aprendizaxe do repecto e a igualdade, e favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero, e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras.
Idade: para todos os públicos.
Entradad libre ata completar a capacidade da sala.
Duración: 45 minutos.