CantoConto!: Ola, doutor
Sesións cheas de libros e música nas que rodeados de contos compartiremos historias e moitas melodías.

Sesións cheas de libros e música nas que rodeados de contos compartiremos historias e moitas melodías.
Contada a cargo de autoras de LIX galega e narradoras orais como Eli Ríos, Eva Mejuto ou Raquel Queizás. Está dirixida a nenos e nenas de 4 a 9 anos e ás súas familias.
Igual-son é un proxecto xestionado por Capicúa que traballa con obradoiros e contadas na sensibilización de diferentes grupos de idade. Oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística acollerán as actividades.
Axenda de Igual-son
Data e hora
Lugar
Espectáculo
Concello
Espectáculo de contacontos e danza no que varias das figuriñas do Nadal cobran vida por arte de maxia na noite de Nadal e veñen a contarnos que foron deixadas, por un despiste do Reno Rodolfo, nese mesmísimo lugar.
Un espectáculo divertido para pasar en familia, nas festas máis doces de todo o ano.
Data: 23 de decembro
Horario: 18:00 h
Duración: 70 minutos
Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
Público: Todos os públicos
Prazas: 120
Observacións: de balde, precisa inscrición no web
Sesión de contos Os contos da cesta de carapuchiña, a cargo de Bea Campos. Especial Día da Biblioteca
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
Espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué.
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da infancia e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é titiriteiro cos obxectos cos que salta e, por suposto, é o narrador da súa propia historia. Gatuxo é a semente da arte mesma.
A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á
escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.
Sesións de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada.
Actividade para nenos e nenas de 4 a 7 anos.
Precísase inscrición previa ben presenciamente ou chamando aos números de teléfono 988 788385 e 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.
O 2º e 4º xoves do mes volve a Chiquiteca á Sala Infantil da Biblioteca.
Contacontos para bebés de 0 a 3 anos.
Para asistir a esta actividade precísase inscrición previa que coma sempre pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfono 988 788385 ou 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.
Érase unha vez unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartiu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Desde entón levo libros pop-up, libros de imaxes, libros grandes e pequenos, libros sorpresa e libros-xogo para goce de pequenas e pequenos, pero tamén de maiores. E todos rematan sempre cun "Ohhhhh!".
Idade: para todos os públicos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Érase unha vez unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartiu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Desde entón levo libros pop-up, libros de imaxes, libros grandes e pequenos, libros sorpresa e libros-xogo para goce de pequenas e pequenos, pero tamén de maiores. E todos rematan sempre cun "Ohhhhh!".
Idade: para todos os públicos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.