As bibliotecarias contan: A caimana
As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.
Non vos perdades a fermosa historia de Faoro, un reloxeiro que vivía en Venezuela e que un día adoptou unha pequena cría de caimana. O relato da súa amizade, un feito totalmente verídico, todavía é lembrado na súa cidade moitos anos despois.

