Elas tres (a nai, a nena e a bruxa) e moitas máis
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia de xénero e para visibilizalo, Paula Carballeira cóntanos algúns contos da tradición galega.
Unha nena é a protatonista da súa historia. Nada máis sinxelo. Nada máis difícil. Na historia da nena hai unha nai, que tamén foi nena e unha bruxa, que tamén foi nena. Todas son protagonistas. Todas son intelixentes, astutas, valentes. Ás veces conseguen os seus obxectivos, ás veces non, pero nunca se renden.

