Glu Glu Contos Acuáticos
Sesión de contos "Glu Glu Contos Acuáticos", a cargo da compañía Expresión Contacontos (Manuel Solla).
Entrada de balde, ata completar capacidade.

Sesión de contos "Glu Glu Contos Acuáticos", a cargo da compañía Expresión Contacontos (Manuel Solla).
Entrada de balde, ata completar capacidade.
Actividade de animación en torno ao libro "Yo voy conmigo" de Raquel Díaz Reguera para nenos e nenas de máis de 6 anos.
A inscrición coma sempre pódese facer chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.
Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expersión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Actividade para bebés de 0 a 3 anos, a cargo de Bea Campos (Migallas)
Necesaria inscrición a partir do luns 3 de febreiro na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 15 92 50 de 9:00 a 20:30h.
Prazas: 25 + 1 adulto por bebé
Lugar: Na sala de obradoiros
O primeiro musical dunha das películas máis entrañables dos últimos tempos, creado e representado pola Compañía de Teatro Musical de España. Poderemos gozar das coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes en rigoroso directo.
Sinopse: Miguel é un mozo que soña con ser músico e chegar a alcanzar o seu soño de ser como o seu ídolo musical Ernesto de la Cruz, pero a familia de Miguel négase a que el sexa músico por un terrible incidente coa música no pasado da familia... Miguel non desistirá ata lograr o seu soño.
O Mupega vai realizar un obradoiro didáctico sobre un dos nosos astros máis queridos: a Lúa. O obradoiro contará cunha primeira parte didáctica na que se traballarán diversos aspectos da lúa e se verán algunhas pezas do museo que se empregan para o estudo da mesma e, finalmente, realizarase unha pequena tarefa manual.
Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.
Un coello que se mira a un espello.
Un crocodilo que sempre anda perdido.
Un ovo moi raro cun becho agochado.
Cinco patiños que agardan durmidiños...
Cantos e contos de animais para pequenos bechiños
Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Duración: 30 minutos
Público infantil, a partir de 3 anos
Venres 31 de xaneiro na sala de obradoiros ás 18:00 h.
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
Público infantil a partir de 3 anos
Venres 17 de xaneiro no salón de actos ás 18:00 h.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Dinosaurs Tour é a maior exposición de dinosauros animatrónicos a tamaño real. Conta con 22 figuras animatrónicas revestidas de látex e impulsadas por enerxía pneumática, hidráulica e eléctrica. Os visitantes gozarán do fabuloso documental ‘Loving Dinosaurs’ que mostra os recentes descubrimentos dos dinosauros e a zona interactiva onde os nenos terán a oportunidade de xogar a ser paleontólogos descubrindo réplicas de ósos de dinosauros.
+ INFO