Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festival de poesía en rede con Toño Núñez

Estudou Maxisterio e, despois de ter traballado coma mestre infantil durante máis de 20 anos, na actualidade exerce coma mestre de galego no IES de Palas de Rei (Lugo).

No ano 1986 gañou o I Premio Buril das Letras Galegas de narrativa, feito que o levou a tomar máis en serio a súa vocación coma escritor. A súa obra inclúe libros infantís, unha obra para adultos, relatos breves, poemas e artigos de opinión. Asemade, ten no seu haber varias mencións literarias.

Galego

Videocontos en familia: Juan Chirruguete por Carles García Domingo

 Afundación en casa continúa coa súa iniciativa para as máis pequenas e os máis pequenos da casa. Trátase de «A hora do conto», na que todos os martes e xoves presentarase unha sesión de contacontos con relatos fabulosos. Mañá, xoves 16 de abril, continuará esta sección con Juan Chirruguete, unha narración de Carles García Domingo, coa compañía Zarándula.

Galego

Festival de poesía en rede

Nova Poesia Guitirica organiza o Festival de Poesia en rede #enredeversos, que contará coa participación de poetas e agrupacións poéticas de base de toda Galicia.

O festival celébrase entre o 16 de abril e o 1 de maio, e os recitais serán ao vivo no perfil de facebook de NPG, e cada día medio cento de poetas tomarán a palabra para contribuir a facer máis levadeiro o confinamento

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral