Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Idade: de 0 a 3 anos.

Galego

Let’s move!

Coñece os nomes das partes do corpo en inglés e os verbos de movemento. E todo por medio de divertidas cancións, xogos de mímica e imaxes.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

É necesario recoller invitación.

Galego

A verdadeira historia de Victoria

A verdadeira historia de Victoria toma como punto de partida un brevísimo conto popular, co que xogaremos a imaxinar, a facer hipóteses e a crear rimas para inventar novos contos, cancións e historias. Esta é a historia da vaca Victoria, pero... e se no lugar dunha vaca, Victoria fose... unha serpe, ou un coello, ou un galo, ou un lobo, ou unha solitaria velliña, ou ...?.

Duración: 45 minutos.

É necesario recoller invitación.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

Riciños de ouro e os tres osos

Contacontos RICIÑOS DE OURO e os tres osos, pola Compañía do Trinke Trinke.

Os ratiños e as ratiñas de Lonxedetodo son moi amables e respectuosos. Desfrutan da natureza e, por suposto, respectan a intimidade dos demais animais, non como Riciños de Ouro...

Para nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Entrada libre

SÁBADO 22 de febreiro ás 12:00 horas, na Sala infantil.

Galego

Storytime "Gina Ginger and Charlie Chives"

Storytime Gina Ginger and Charlie Chives, polo equipo pedagóxico de Kids& Us

Charlie  está namorado en segredo de Gina Ginger, a súa veciña, pero sempre están a pelexar e gastándose bromas pesadas. Como poden facer as paces?

A hora do conto (en inglés Storytime) é a representación dunha historia a través de diferentes personaxes, cancións e material complementario, para asegurar que os nenos e nenas poidan gozar dun espectáculo en inglés.

Galego

Contacontos infantil

O dia 1 de febreiro ás cinco da tarde no centro canino San Miguel Vilagarcia ( xardíns Doutor Fleming), contos para os mais pequeniños con Fatima Villamel, os donativos iran para os peludos da prote.

Non vos olvideis de reservar na Clinica Veterinaria San Miguel, as prazas son limitadas!!!!

Galego

Sabéndote Rosalía

Febreiro é sinónimo de Rosalía de Castro, será ela a que debullará a súa propia vida e obra, con poemas, cancións, vida e obra contada en primeira persoa... mais ao xeito dun teatro infantil.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Orella corazón

Había unha vez un neno como outro calquera … ou tal vez non?

Orella Corazón, unha historia para ser escoitada dende a música do amor.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. 

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral