" O soño do rato"
Este xoves a sesión de contacontos para bebés ven a cargo de Olga Maria Abad Prieto narradora oral e escritora. Aprendeu a contar contos grazas a paixón da súa familia polas historias e tamén grazas ó seu paso pola cidade de Santiago de Compostela e o seu contacto con artistas da escena galega. Nesta cidade estudaría técnicas de escultura e teatro entre os anos 2006 e 2010. Tras rematar os seus estudos, traballou en varias compañías teatrais como actriz, directora e dramaturga. No ano 2019 publicou as novelas tituladas “Proyecto escritor” e “Futuribles”. Conta contos dende o ano 2009.