Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Videocontos en familia: La niña lista

Carles García Domingo, de Zarándula SC, trae divertidos contos para escoitar xuntos en familia, neste caso, La niña lista. Enmárcase dentro de #AfundacionEnCasa, unha iniciativa de Afundación, con emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes e un fondo vivo integrado por máis de 300 recursos educativos, sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado.

O obxectivo é o de seguir aprendendo e compartindo tempo cos teus sen saír da casa durante as medidas decretadas a causa do Covid-19.

Galego

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

A Cidade da Cultura súmase, como cada 17 de maio, á celebración das Letras Galegas, este ano dedicadas a Ricardo Carvalho Calero, figura á que tamén queremos homenaxear e festexar neste gran día desde o Gaiás, contribuíndo a poñer en valor o seu labor para dignificar o idioma e a cultura galega e o seu prolífico traballo como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor.

Galego

Videocontos en familia: As tarefas do fogar

Afundación emitirá este martes o conto 'As tarefas do fogar' narrado por Carles García Domingo

Afundación en casa continúa 'A hora do conto', unha iniciativa para as máis pequenos da casa. Trátase dun programa no que a entidade ofrece, os martes e xoves, unha sesión de contacontos con relatos fabulosos. Este martes, a sección ofrecerá 'As tarefas do fogar', unha narración de Carles García Domingo, coa compañía Zarándula.
 

Galego

Videocontos en familia: O galo Kiriko

O galo Kirico, é unha das obras que na miña opinión non debería faltar nunha biblioteca de aula, é unha historia que ma contaron hai uns anos , posteriormente conteina a nenos de tres e catro anos e o resultado foi moi positivo, é unha historia de nunca acabar, onde un galo moi coqueto é convidado á voda do seu tío Perico, polo camiño ve unha caca de vaca e dúbida en picar ou non picar, finalmente faio e pide axuda a diferentes animais, xa que así non pode ir á voda do tío Perico.

 

Galego

Videocontos en familia: Medio polo

Había unha vez unha robusta galiña española que empolló unha bonita e numerosa familia. Todos os seus pollitos eran graciosos e finos, excepto un, que resultou ser só un medio pito. Tiña un só ollo, un á, unha pata, media cabeza e medio pico.

?Que atrocidade! ?cloqueó mamá galiña?. O meu benjamín é só un medio pito! Xamais servirá para nada!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral