Carvalho Calero na voz dos nenos: Poema sen título do libro Futuro
Os nenos son os verdadeiros transmisores de cultura para o futuro, polo que facelos protagonistas neste día conecta o pasado das letras, que representa Carvalho Calero, co futuro, que son el@s. Ademais, Carvalho Calero foi profesor e para el a conexión cos nenos era moi importante.
Este poema está cheo de preguntas. Preguntas moi graves, mais que soan simples nas voces dos nenos, desas preguntas que ás veces el@s se fan. É un poema sinxelo, pero moi fondo, e deunos a posibilidade de convidar a participar a nenos moi pequenos pola súa sinxeleza.