Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De troula cos monicreques: Rifar

Os monicreques das Bibliotecas Municipais levan xa uns días de vacacións e non paran de troulear están aprendendo unha morea de xogos tradicionais. Acórdanse moito de vós, polo que están a gravar uns vídeos que nos van mandar ó longo do verán, para que vexades os seus xogos e poidades pasalo ben coas vosas familias e amigos. O verán é o momento ideal para os xogos ao aire libre!

A cita será o martes 21 de xullo ás 14:00 h no Instagram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna e na nosa rede social facebook co cancelo #detroulacosmonicreques

Galego

Mércores de conto

Este verán, todos os mércores ás 11.30 h,  a compañía Sarabela Teatro vai asolagar de contos a Biblioteca. Animádevos a vir ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos realizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura.

Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.

É necesaria a inscrición e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Galego

Mércores de conto

Este verán, todos os mércores ás 11.30 h, a compañía Sarabela Teatro vai inundar de contos a Biblioteca. Este mércores o conto e a actividade posterior estarán baseados no libro de Andrea Beaty "Ada magnífica científica"

Animádevos a vir a ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos reralizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura.

Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Galego

Contapinta: María Victoria Moreno

María Victoria Moreno, este sábado será a protagonista dunha nova sesión do contapinta. 

Foi editora, tradutora, conferenciante, escritora española de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise, vinte veces republicado e traducido a varios idiomas.

 

Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a transformación dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino anticuado. Empregou o pseudónimo Peregrina Pérez.

 

Galego

A miña familia animal

Hai familias de todos os tipos e a miña está formada por todos os seres que quero. Para coñecela só tes que vir á biblioteca para que volos presente. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

As bibliotecarias contan: Ñac ñac

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

As bibliotecarias do Forum Metropolitano, Alba Mar e Xiana vannos a contar o conto de Combel, "Ñac ñac" da colección "Diversión pop-up".

Galego

As bibliotecarias contan: O pequeno rei das flores

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Un pequeno rei planta bulbos por todo o seu xardín. Cando as fermosas flores inundan todo sinte que é feliz pero que aínda podería selo máis. Algo lle falta e pronto se dá conta de que é...

Galego

As bibliotecarias contan: Un becho estraño

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

"Un becho estraño", un conto de Mon Daporta, ilustrado por Oscar Villán publicado pola editorial Kalandraka.

Un becho estraño é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral