Mércores de conto
Este verán, todos os mércores ás 11.30 h, a compañía Sarabela Teatro vai inundar de contos a Biblioteca. Animádevos a vir a ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos reralizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura.
Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.
É necesaria a inscrición e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.