Contacontos musicais
Os espectáculos en formato de contacontos son aptos para espazos pequenos e con luz natural. A narración oral xunto coa música en directo ao piano, acompáñanse de rimas, cantos e monicreques para que os nenos participen da maxia dos contos. Os contos son orixinas, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán.
Pode realizarse en versión adaptada para bebés ou en versión para nenos de tres anos en adiante.