Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O axudante de Papá Noel

Se collemos o nadal, os malabares, a acrobacia, a interacción constante co público e xuntámolos todos no saco de Papá Noel cun dos seus elfos máis pallasos, torpes e rebeldes, o resultado é este tolo contacontos no que aprenderemos a importancia e o beneficio de compartir cos demais. Estades preparados para ver como funciona a fábrica de Papá Noel?

Galego

Cadaval conta... "Complexo de Edipo"

Cadaval conta... “Complexo de Edipo”, un relato mítico que xa escoitaron oito mil colombianos e tamén tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios. Probablemente o público europeo coñece melhor a versión do ribeirán que a orixinal do inmortal Sofocles.

O mito do home que mata o pai, deitase coa nai, chámalle fillos aos irmáns e agora comentado por unha taberneira dun porto galego que ademáis é a nai do monhilista Cadaval.

A cociñeira desdeña o mito clásico ao tempo que da a receta da carne asada.

Gastronomía

Épica

Alta cultura

Galego

Maruxa Poppins

Lara Soto é Maruxa Poppins, unha nena-grande que con a súa xigante maleta e a axuda e sabiduría das nenas e nenos entenderá que o mundo poder ser mellor e máis igual para todos. O Espectáculo enlaza unha serie de contos que farán pensar ós máis pequenos sobre a desigualdade, a integración e a cooperación, inteactuando con eles e facéndoos participes das historias. 

Galego

Raquel Queizás

A cómica ambulante acaba de chegar, anuncia o seu espectáculo con poesía e pandeireta.

Achéganse as crianças para participar e coñecer "A farsa das zocas", "O redondel" de Ricardo Carvalho Calero que tanto amor tivo polo teatro desde cativo: "A minha afeiçom ao teatro, afeiçom que só esporadicamente pudem cultivar ao longo da minha vida, data dos meus anos infantis."

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques.

Duración: 45 minutos

Dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

DATA:

Galego

Palabra de muller

O Día das Escritoras é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).

A Biblioteca únese a esta conmemoración co recital Palabra de muller no que se fai un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que se quere honrar, na voz de mulleres representativas da cultura e da sociedade galegas.

Galego

Polo Correo do Vento

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística do público infantil. Nesta actividade "Protexendo o Camiño: Camiño francés" desenvólvese a temática didáctica do Camiño de Santiago por terras da provincia de Lugo de forma lúdica.

 Data: 02 de outubro de 2020

 Horario:

 Dúas sesións:

17:30 a 18:20 para nenas e nenos de 4 a 6 anos

Galego

Coñecendo a Carvalho Calero

Actividade didáctico-lúdica que aúna a narración oral e o debuxo. 

Comeza cun contacontos ilustrado dedicado a Carvalho Calero, seguido dunha “rolda de prensa” guiada que potencia a interacción co público. 

Despois do contacontos hai un obradoiro de ilustración guiado polo ilustrador Carlos Taboada no que as nenas e nenos debuxarán ao autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

Os materiais que se reparten para a actividade son de uso individual e poderán levarse á casa ao rematar. 

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala.

Galego

Contos para un mundo mellor

Espectáculo musical e de narración oral protagonizado por Gloria Mosquera do grupo Mamá Cabra á guitarra, voz e contos, e Tomi López ao baixo.

Contos para un mundo mellor está dirixido a nenos e nenas de a partir de 3 anos e ás súas familias, coas que compartimos unha morea de historias a través das cancións con mensaxes para a paz, a amizade e amor pola natureza. 

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Galego

Un saco de contos

Eu teño un saco máxico que podo encher de contos.
Un día fun á biblioteca e algúns correron e metéronse dentro; agora saen cando queren e, cando non, quedan agochados esperando o momento propicio.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

 

Galego

Phantom Manor

Celebramos o Halloween con esta actividade!

Jane e Bunny múdanse a unha enorme mansión. O que non saben é que na súa nova casa vive unha fantasma cun gran problema... Xa non lle dá medo a ninguén!

Dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos.

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral