As lendas do Kamishibai / lendas galegas
Peza de contacontos narrada a través do Kamishibai tradicional xaponés e o teatro de papel.
É unha peza con guión baseado en varias lendas e mitos tradicionais galegos. As lendas combinan a manipulación do teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), a técnica emaki (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e despregables pop-up, mesturados con revisións persoais do teatro de papel español e francés.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala.