Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mércores de conto

Este verán, todos os mércores ás 11.30 h,  a compañía Sarabela Teatro vai inundar de contos a Biblioteca. Animádevos a vir a ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos reralizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura.

Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.

É necesaria a inscrición e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Galego

A viaxe de Nano

Nano é unha ra, unha ra que vive cada día unha nova avebtura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto. Nano está aprendendo pouco a pouco o nome das cousas: peite, vasoira, cunca ... o nome das cores: vermella, laranxa, amarela...

Todo o fai xogando, ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

- Non! di Nano a auga é miña!

Contaconto para os mási pequenos da casa ( de 0 a 3 anos) a cargo de Raquel Queizás

Galego

Recital de Jesús Castro Yáñez

“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda . No primeiro dos recitais, Jesús Castro Yáñez presenta “O espazo dunha aparición”, e pregúntase: Que espazo ocupamos en relación aos outros? Somos territorios propiamente delimitados ou pola contra superpostos?

Galego

Mércores de conto

Este verán, todos os mércores ás 11.30 h,  a compañía Sarabela Teatro vai inundar de contos a Biblioteca. Animádevos a vir a ler os contos, escoitar, rir, aprender e imaxinar. Despois da sesión de contacontos reralizaranse actividades lúdicas que, partindo do libro, dean a coñecer novas dimensións da lectura. Esata sesión xirará en torno a Naturizo.

Actividades para nenos e nenas de máis de 6 anos.

É necesaria a inscrición e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Galego

APEGO. MARTES DE CONTACONTOS

No parque de Bonaval celebraranse durante o mes de agosto os martes de contaconto, dentro das actividades do programa Apego.

O martes, 4 de agosto, ás 18h, 'Bailar nas nubes' con Sole Felloza

O martes, 11 de agosto, ás 18h, 'Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras' con Paula Carballeira

O martes, 18 de agosto, ás 18h, 'Contos a pé de rúa' con Caxoto

O martes, 25 de agosto, ás 18h, 'As lembranzas de Carolina' con Isa Herrero e Raquel López Cendán

Galego

Sobre rodas!

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público.

Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos.

Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Galego

The Far West

O sheriff ten un cabalo que sempre está durmindo. O Gran Xefe atópao e como non sabe que é o cabalo do sheriff, lévao para a súa casa. Cando o sheriff se entera, sae correndo a buscalo. Quen quedará co cabalo ao final?

Dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

A viaxe do paporrubio

Unha historia sobre coñecernos e aceptarnos tal e como somos contada a través da música e da viaxe dun paxariño polo bosque. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Contando en feminino

Contaremos historias onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.

Novos contos para concienciar no feminismo e loitar contra o abuso infantil e a violencia de xénero. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Contacontos interpretado na lingua de signos

Sesión de contacontos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). 

Integrantes da FAPXG interpretan contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral