Coa proa de Carvalho
Carvalho Calero foi unha das figuras máis sobranceiras do movemento reintegracionista. Foi un visionario que puxo en valor a irmandade lingüística que temos con Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde… e tantas e tantos falantes polo mundo adiante coas que nos podemos entender falando a nosa lingua.
Para sentir esta irmandade e aprender dela, imos facer unha viaxe nun barquiño, coa proa de Carvalho, que iremos enchendo de palabras e cancións nas nosas escalas polo mundo lusófono, aprendendo das diferenzas e desfrutando do que nos une.