Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos no Camiño

Tres contadores galegos -Xurxo Souto, Beatriz Campos e Quico Cadaval- comparten escenario para deleitarnos cun guión inspirado no Camiño de Santiago, baseado en lendas e historias peculiares e centrado no humor.

Galego

Quico Cadaval conta

Quico Cadaval desenvolve dende os anos 90 do pasado século unha actividade como contador de historias e sucedidos.

Este tipo de espectáculos, considerados a forma máis diminuta de teatro, son unha das máis poderosas chamadas á imaxinación do público, que ten que construír co narrador as imaxes da historia.

Galego

Paraíso

Trátase dun ciclo de tres encontros sobre “A Divina Comedia” de Dante Alighieri. O poema está composto por tres partes: Inferno, Purgatorio, Paradiso e hai unha marabillosa traduccion ao galego de Dario Xohan Cabana.

O evento consiste nas lecturas dramatizadas en galego e en italiano de varios versos seguidos do comentario de Dario Xohan Cabana, musica de piano do Mestre Fernando Valente e proxección dunha película de cinema mudo, a primeira que houbo en 1911 sobre o Inferno de Dante.

Galego

Purgatorio

Trátase dun ciclo de tres encontros sobre “A Divina Comedia” de Dante Alighieri. O poema está composto por tres partes: Inferno, Purgatorio, Paradiso e hai unha marabillosa traduccion ao galego de Dario Xohan Cabana.

O evento consiste nas lecturas dramatizadas en galego e en italiano de varios versos seguidos do comentario de Dario Xohan Cabana, musica de piano do Mestre Fernando Valente e proxección dunha película de cinema mudo, a primeira que houbo en 1911 sobre o Inferno de Dante.

Galego

Memorias dun neno labrego

En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis singulares da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos ante unha importantísima celebración para a cultura galega: O 50 aniversario da 1ª edición das Memorias dun neno labrego

Galego

Filipa cos contos

Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes", acompañados dunha guitarra.

Galego

Leopoldo, o pequeno monstruo

A autora irá contando o conto mentres vai ilustrando os personaxes e a trama da historia. Ao final, os nenos e nenas levan follas cos personaxes para colorear na casa. Idade: de 5 a 9 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio.
Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión... E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?
Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.

Galego

Xurásico perdido

O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descobre a Dino, un dinosauro do Xurásico moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.

Ante asómbroo de Florentino, Dino revive e transpórtao a un mundo fascinante.

Galego

Un monstro na biblioteca?

Un monstro na biblioteca? Quen está a comer as palabras dos contos? A historia dun monstro de biblioteca ao que lle encantan  as palabras dos contos e, ademais, facer poesías. Vive na biblioteca porque é onde se atopan as máis fermosas palabras e os máis fermosos contos.

De 4 a 11 anos.

Uso obrigatorio de mascara.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 4420 dende o 13 de outubro.

Galego

O Eco das Pedras

Existiu hai moito tempo, en Galicia, unha aldea chamada Veromundo, estaba chea de lendas que se escondían nas covas e mámoas de pedra. Este lugar desapareceu co paso do tempo, ninguén se lembra xa do seu nome.

Pero, de cando en vez, sen previo aviso “aparece” diante dos nosos ollos un cova de Veromundo, na que habita unha moura, unha sabia, unha encantada que conta o que non está escrito empregando para iso os petróglifos que rodean a súa morada.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral