Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Arrieira: O camiño dos contos

Ninguén coñecía os camiños mellor ca os arrieiros. Estes eran, na súa maioría, homes, pero Atenea García (narradora) e Nicolás Zamorano (músico) vannos presentar unha arrieira coñecedora dos vieiros e das súas xentes. A arrieira, no seu percorrido, tiña atopado historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e, coma un tesouro, fora gardando todos eses saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: "Regáloche unha cantiga se me contas un conto". Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros.

Galego

Chipo de ra

Nano é o maior é dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela.

Nano ten celos de Nona, “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeno outra vez…

Galego

Nano vai á escola

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto. Nano vai ter unha nova experiencia vital… vai ir por primeira vez á escola! Como se enfrontará a esta etapa que comeza desde a súa condición de galegofalante? Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio.

Galego

O xogo de Nano

Para os nosos amigos, os animais, cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto. Os nenos reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, asombrándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.

Galego

Polo Correo do Vento

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística do público infantil. Nesta actividade "Protexendo o Camiño: Camiño francés" desenvólvese a temática didáctica do Camiño de Santiago de forma lúdica.

 Horario: 18:00 h.

 Para nenas e nenos de 4 a 10 anos

 

Galego

Contos que foron chistes

Non sei se conto monólogos ou monologueo contos. Gustánme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia. Pódese chegar a elas polas Deputacións de Pontevedra e da Coruña, e tamén polos programas “Ler conta Moito” e “Cultura no Camiño”  da Xunta, ou comigo directamente.

Galego

Maruxa Poppins

Lara Soto é Maruxa Poppins, unha nena-grande que con a súa xigante maleta e a axuda da sabeduría dos nenos entenderá que o mundo poder ser mellor e máis igual para todos. 

O espectáculo enlaza unha serie de contso que farán pensar aos nenos pequenos sobre a igualdade, a integración e a cooperación, interactuando con eles e facéndoos participes das historias. Para finalizar dibuxarán colectivamente un mural. 

Unha actividade con música, historias e moita educación en igualdade. 

Galego

Reto, o cabalo que cumpliu o seu soño

Conta unha vella lenda, a historia dun fermoso e nobre cabalo de brillante pelame tostada cunha mancha branca no seu rostro. Vivía este admirable animal nas montañas Vermellas. Era por todos coñecido  co nome de Reto, aínda que ningún sabía porque tiña ese nome.

Reto era un animal exemplar, xa que destacaba en innumerables calidades e destrezas, a súa beleza e nobreza eran evidentes, tamén a súa velocidade, forza e valor. O seu corazón era bo e xeneroso, libre de todo mal.

Moi poucos coñecían a historia de Reto, só coñecían o cabalo asombroso que vían.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral