Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes

Simón medra ou encolle de tamaño segundo precise; Antía comprende o que di o Señor Bigotes, seu gato; Xoán non é o mesmo cando cae a noite; e todo o que Carolina debuxa vólvese realidade. Fascinante, verdade? As nenas e nenos que protagonizan estas historias delirantes teñen moito que contar e, tamén, moito que agochar para que ninguén descubra os seus misterios... Shhhh!!! Escoitade os seus relatos, mais só se sabedes gardar un segredo.

Galego

A caixa de contos

Princesas que bocexan, cabaciñas que corren… A que saberá a lúa? Un estraño agasallo espéravos.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Un Nadal de contos- Ollando as estrelas

O contacontos de mañá chámase Ollando as estrelas, e ten como tema central a astroloxía e as historias que se poden coñecer a través dos planetas, as estrelas e as galaxias.

Todas e todos aqueles que non poidan velo en directo terán a oportunidade de visualizalo posteriormente nas redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, e mesmo na súa web institucional (emigracion.xunta.gal), onde quedará colgado tan pronto finalice a actividade.

Os contacontos alternarán historias de Nadal con contos sobre o Xacobeo e historias de persoeiros célebres coma o pirata Benito Soto.  

Galego

A increible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona

Na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e no Museo do Mar de Galicia. Reserva de entradas: Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés: a través do formulario que está na súa web https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl., no tf. 881 960 378 ou directamente na biblioteca. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: a través do tfno. 886 159 249. Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel: a través do tfno. 886 120 445 ou presencialmente na biblioteca. Museo do Mar de Galicia: a través do enderezo e.

Galego

Un Nadal de contos- Do que aconteceu no canellón do gato

A Secretaría Xeral dá Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza Un Nadal de Contos, un programa en liña co obxectivo de promover a cultura galega entre os/as máis pequenos/as da Galicia do exterior nestas datas do Nadal.

Destinatarios/as - Participantes: 

Os/as máis pequenos/as, e tamén os/as máis maiores, asistirán a un contacontos ilustrado e musicado e cantado a través do que coñecerán e aprenderán a debuxar historias que terán como protagonistas o Nadal, o Camiño de Santiago, a nosa lingua, o patrimonio arqueolóxico etc. 

Galego

Bebenc@nta

Na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e no Museo do Mar de Galicia.

Reserva de entradas:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés: a través do formulario que está na súa web https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl., no tf. 881 960 378 ou directamente na biblioteca.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: a través do tfno. 886 159 249.

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel: a través do tfno. 886 120 445 ou presencialmente na biblioteca.

Galego

Protexendo o Camiño

Peregrina e Iago teñen unha misión, protexer o Camiño. Polo Correo do Vento tráennos estes personaxes á biblioteca cos que debuxaremos e contaremos historias do Camiño. Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Un Nadal de contos-A detective Peregrina e o misterio do torque

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza Un Nadal de Contos, un programa en liña co obxectivo de promover a cultura galega entre os/as máis pequenos/as da Galicia do exterior nestas datas do Nadal.

Destinatarios/as - Participantes: 

Os/as cativos/as, e tamén os/as máis maiores, asistirán a un contacontos ilustrado e musicado e cantado a través do que coñecerán e aprenderán a debuxar historias que terán como protagonistas o Nadal, o Camiño de Santiago, a nosa lingua, o patrimonio arqueolóxico etc. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral