Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bebenc@nta

Na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e no Museo do Mar de Galicia.

Reserva de entradas:

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés: a través do formulario que está na súa web https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl., no tf. 881 960 378 ou directamente na biblioteca.

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola: a través do tfno. 886 159 249.

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel: a través do tfno. 886 120 445 ou presencialmente na biblioteca.

Galego

Protexendo o Camiño

Peregrina e Iago teñen unha misión, protexer o Camiño. Polo Correo do Vento tráennos estes personaxes á biblioteca cos que debuxaremos e contaremos historias do Camiño. Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Un Nadal de contos-A detective Peregrina e o misterio do torque

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza Un Nadal de Contos, un programa en liña co obxectivo de promover a cultura galega entre os/as máis pequenos/as da Galicia do exterior nestas datas do Nadal.

Destinatarios/as - Participantes: 

Os/as cativos/as, e tamén os/as máis maiores, asistirán a un contacontos ilustrado e musicado e cantado a través do que coñecerán e aprenderán a debuxar historias que terán como protagonistas o Nadal, o Camiño de Santiago, a nosa lingua, o patrimonio arqueolóxico etc. 

Galego

Nadal no Gaiás 2020- Axóuxeres e panxoliñas de Nadal: Sole Felloza & Ensemble ConcertArt

Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.

Galego

Un nadal de contos- Protexendo o Camiño

A iniciativa, que consistirá en dez sesións de contacontos levados a cabo por Polo Correo do Vento, será emitida, como ven sendo habitual, a través do Facebook Live de GaliciaAberta de 20 a 21 horas de España. 

O segundo contacontos chámase “Protexendo o camiño”, e ten como tema central da historia o coidado do noso patrimonio. Dous xornalistas, Peregrina e Iago teñen unha misión: facer todas as rutas do Camiño, comprobar o seu estado e plasmar a súa vivencia nunha reportaxe para o Aturuxo Atlántico.

Galego

Protexendo o camiño

Contacontos ilustrados “Protexendo o camiño”, a cargo de Polo Correo do Vento

Actividade do Xacobeo

Sinopse: Sesións de contos e obradoiro de debuxo.

Público destinatario: Infantil, a partir de 6 anos 

Con inscrición previa a partir do 9 de decembro, mércores, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Lugar: Espazo actividades da planta baixa

Galego

Protexendo o Camiño

Peregrina e Iago teñen unha misión, protexer o Camiño. Polo Correo do Vento tráennos estes personaxes á biblioteca cos que debuxaremos e contaremos historias do Camiño. Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Bebenc@nta

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío conductor, tratando temas e rutinas adaptadas á cativada. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións. Moitos dos contos son cantados de principio a fin.

Dous pases:

17: 45 h.

18:30 h.

Idade: ata 3 anos.

Galego

Contos para escoitar e mirar

Os contos lévannos a un mundo de fantasía para poder soñar e crecer imaxinando. As verbas combínanse coas proxeccións e coa música para dotar o espectáculo dun universo propio. O universo das historias narradas, escoitadas es sentidas dende o corazón.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfon 886 120 445.

 

Galego

Bubble visita a biblioteca Juan Compañel

Ledicia Costas presenta o seu novo libro, e contaranos moitas historias: Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada. Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo…

Idade: de 7 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral