Un meigallo de contos valentes
Rapazas que se enfrontan a perigosas meigas, capitanas e capitáns que viven emocionantes aventuras. Nenas e nenos que xogan un papel activo en mil e unha andanzas.
No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos a partir dos 3 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.