Gina Ginger & Charlie Chives
Charlie e Gina son veciños e aínda que sempre se pelexan e gastan bromas pesadas, realmente son moi amigos. Desfruta das súas travesuras mentras aprendes inglés!
No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

