Unha tarde de conto
Música en directo, contos con obxectos, cantos, poesía e tradición. Non é unha tarde calquera. É a tarde na que o bebé quedará, por primeira vez, na casa da avoa Mariña, quen tan pronto se divirte cunha paxariña ou come unha sardiña. A avoa Mariña sabe moitos contos e xogos pero xa non se lembra do que era arrolar. Como fará a avoa Mariña para que o bebé durma? Chama por Pedro Chosco pero… Moito dá unha tarde de conto coa a avoa Mariña! Imos con ela?!
Duración: 30 minutos.
Idade: de 0 a 3.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

