Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A formiga no carreiro

Unha viaxe polas terras da Galicia, Portugal e do Brasil para contar, cantar, bailar e saltar cos contos da tradición oral e a música. A partir das cancións do libro de Zeca Afonso para crianzas (editado polas Escolas de Ensino en Gallego Sementar) e unha selección de contos populares queremos festexar e reivindicar a universalidade e potencialidade da nosa lingua. Reserva o teu billete! Estades preparadas?

Polo mar abaixo

vai unha formiga

cunha man na cabeza

e outra na barriga...

Galego

Raquel Queizás: Cinema maravillas

Gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver ás crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cinema mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cinema. O cinema tamén se le.

Galego

Filipa cos contos

Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada un ao seu xeito farán posible unha sesión de historias do mundo.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Andando polo camiño

Lugar: salón de actos

Raquel Galavís

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un Vexo-Vexo diferente, uns contacontos cantados e unhas cancións para contar... todo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levarán o son dos cantacontos ao corazóns de todos.

Galego

A viaxe do paporrubio

Lugar: salón de actos.

Impartido por Sara Cruz

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Unha historia sobre coñecerse e aceptarse tal e como somos. Contada a través da música e da viaxe dun paxariño polo bosque.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Trasnadas

Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar.

Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas.

Queres saber máis?

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral