Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Poetas di(n)versos: Dolors Miquel e Alicia Fernández

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne á poeta catalá Dolors Miquel e á poeta saviñá -residente en Cataluña- Alicia Fernández. Dúas voces poéticas repletas de personalidade propia cun elemento común, o tratamento á vez amoroso e descarnado da familia.

Galego

Poetas di(n)versos: Abdul Hadi Sadoun e Vítor Vaqueiro

Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne ao autor iraquí Abdul Hadi Sadoun e ao escritor vigués Vítor Vaqueiro. Dúas voces poéticas cargadas de contido, conciencia e coñecemento de cadansúa tradición literaria.

Por mor das restricións Covid-19, a capacidade está limitada a 90 persoas. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.

Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das persoas convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

Galego

Poetas dinversos: Itisha Giri e Arancha Nogueira

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne os versos ingleses de Itisha Giri e galegos de Arancha Nogueira, chegados dende O Nepal e Ourense, respectivamente, con certos ecos do spoken word e atravesados por unha ollada feminista.

Galego

Arredor de Xela

Nos anos 80 do século pasado, unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez.

Era poeta, editora, tradutora e mestra.

Para coñecela mellor, entremos nos seus versos. Vide.

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo"

Espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos.

Duración 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Galego

A viaxe do Paporrubio

Unha historia sobre coñecerse e aceptarse tal e como somos. Contada a través da música e da viaxe dun paxariño polo bosque.

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Os primeiros contos

Unha sesión de contos na que os bebés, e non tan bebés, escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades. Historias que falan das cousas cotiás enlazadas con ditos e cantos e contos tradicionais, e mesmo algunha composta adrede para a función. As cores, as formas, os xogos, o ritmo,  conforman o seu eixo. Vai dirixida a bebés até tres anos que poderán seguila dende o colo do seu papá, ou da súa mamá.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na bibliteoca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Unha tarde de conto

Música en directo, contos con obxectos, cantos, poesía e tradición. Non é unha tarde calquera. É a tarde na que o bebé quedará, por primeira vez, na casa da avoa Mariña, quen tan pronto se divirte cunha paxariña ou come unha sardiña.  A avoa Mariña sabe moitos contos e xogos pero xa non se lembra do que era arrolar. Como fará a avoa Mariña para que o bebé durma? Chama por Pedro Chosco pero… Moito dá unha tarde de conto coa a avoa Mariña! Imos con ela?!

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Verbas no bosque das letras galegas

"O bosque garda verbas, teixo, freixo, fento, xesta, loureiro..., con elas as nosas escritoras e escritores, dende Rosalía a Celso Emilio, de Cunqueiro a Xela Arias, levan tecido historias e poemas. As nenas e nenos da biblioteca Nodal de Vigo tentarán axudar a plantar e regar estas verbas para que sigan tecendo poemas e historias das letras galegas."

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiente.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral