Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Filipa cos contos

Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada un ao seu xeito farán posible unha sesión de historias do mundo.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Andando polo camiño

Lugar: salón de actos

Raquel Galavís

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Un crocodilo namorado, unha andaina de animais, un Vexo-Vexo diferente, uns contacontos cantados e unhas cancións para contar... todo dentro dunha proposta para pequenos e grandes que levarán o son dos cantacontos ao corazóns de todos.

Galego

A viaxe do paporrubio

Lugar: salón de actos.

Impartido por Sara Cruz

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Unha historia sobre coñecerse e aceptarse tal e como somos. Contada a través da música e da viaxe dun paxariño polo bosque.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Trasnadas

Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar.

Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas.

Queres saber máis?

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Mariña, contos nacidos no mar

Mariña, nacida do mar, foi unha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós. "O mar, fermoso e misterioso..."

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral