Canta Buguina canta!
Un ano máis participamos no Festival Atlántica neste caso cun contacontos para os máis pequenos da casa de 0 a 3 anos a cargo de Marta Ortiz.
Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e as palabras.