Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Asdomare

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. ASDOMARE son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Un espectáculo de narración oral e música a cargo da consolidada parella formada por Vero Rilo e Sonsoles Penadique.

Galego

Chimpo de ra

Nano é o maior e dá grandes chimpos da ra, Nona a súa irmá pequena, cae, non sabe e rise dela.

Nano ten celos de Nona "Agora (pensa) todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá..."

Nano quere volver a ser pequeno outra vez

Contaconto para bebés de 1 a 4 anos que deberán estar acompañados dun adulto. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa chamando ao 988 788385. 

Galego

"Bechiños"

O primeiro bebecontos do mes de agosto vén da man de Ana Facchini. 

Un coello que se mira a un espello. Un cocodrilo que sempre anda perdido. Un ovo moi raro cun becho agochado. Cinco patiños que agardan durmidiños... Cantos e contos de animais para pequenos bechiños.

Contaconto para bebés de 1 a 4 anos que deberán estar acompañados dun adulto. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa chamando ao 988 788385. 

Galego

Qué fan os fang cando contan contos

Os contos de Marcelo Ndong pertencen á cultura fang, con seis millóns de habitantes que se reparten entre Camerún, Gabón, Congo, Brazaville, República Centroafricana e Guinea Ecuatorial. Son esencialmente historias de animais cuxo comportamento ensina, desmente, pon en evidencia, alerta, relativiza a vida e as súas dificultades. Nestes contos, Marcelo Ndong móvese con precisión e efectividade, complementa o discurso verbal cunha gestualidad elegante e sosteno sobre chiscadelas, referencias e insinuacións.

Galego

Historias de andantes

"Final do camiño portugués" de Avelino González

Avelino é actor, contador, tradutor e director. Traballou en teatro, televisión, cinema e bares. En compañías como Ollomoltranvía, en espectáculos como Commedia, en películas como Heroína ou Gallego, en series de televisión como Pai Casares, Cóntame, Hospital Central e o seu labor teatral foi recoñecido con varios Premios María Casares. Cos contos xa percorreu Europa (Polonia, Alemaña, Suíza) cruzou o Atlántico (Cuba), e toda a península.

Galego

Lavandeiras

O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu alredor, as lendas e os contos a preto deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria.

Daboapipa recolle ese patrimonio oral, o musicaliza, dálle forma e regálallo ao público, descubríndolle os outros relatos que rodean os lavadoiros.

Galego

Lobadías

Guti é gaiteiro, cantador, bailador e sobre todo contador de historias. O feito de chegar ao conto como parte dun traballo máis amplo dedicado desde hai moitos anos á etnografía fíxolle preparar un espectáculo no cal procura cinguirse ao que estritamente aprendeu en longas veladas de cociña e sobremesa nos pobos de Zamora, León e Salamanca, principalmente. Todos os contos e romances que usa foron recollidos directamente de narradores tradicionais, no seu maior parte anciáns do mundo rural cos que compartiu moitos bos intres.

Galego

O teatro máis pequeno do Mundo

Neste espectáculo cabe todo tipo de contos: os participativos, os improvisados, os da tradición oral galega e tamén as historias con bonecos.

A maneira de contar de Prego é moi visual e aliméntase principalmente de fontes literarias. Nas súas historias sempre hai maxia e poesía e nunca falta un elemento de comicidade sutil.

Galego

Animaliños

Peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o mundo: Venezuela, Kenya, Rusia, etc.

A través destas historias, o público, axudado pola súa imaxinación, vai visitar un bosque moi especial onde poderá ver como os animais solucionan os seus problemas e como é a súa convivencia. Tamén coñecerán á gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, a unha urraca moi glotona, a un coello e a un papagaio que teñen unha granxa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral