Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Es mi palabra contra la mía

Es mi palabra contra la mía é o novo espectáculo de humor de Luís Piedrahita. Nesta ocasión pregúntase por que ninguén está contento co que lle tocou. Luís olisquea a realidade cotiá con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis divertidos e absurdos do noso día a día. Tocará temas como  as cellas das señoras maiores, as mudanzas nos rañaceos ou o medo ao váter alleo.

Galego

Xeliña fala galego

Este é o ano da escritora e tradutora Xela Arias. Con este motivo ven de estrearse a obra inédita “NON TE AMOLA!”; a única das súas obras  dirixida ao público infantil e única dentro do estilo narrativo. Trátase dun texto en gran medida autobiográfico sobre a súa nenez que como un moderno “Memorias dun neno labrego” conta a esencia dunha xeración enteira de nenas e nenos galegos que viviron a súa nenez nos anos 90 do século pasado.

Galego

Unha terra chea

“Unha Terra chea” trata de ensinar a riqueza cultural que existe en Galiza. Axudado de diferentes instrumentos, xogos e outros recursos facemos una pequena viaxe a través das cancións, contos, poesías e ditos populares do noso país.

E é que a nosa Galiza é un país cheo, cheíño de contos, de música, de lendas e poesía, cheo de historias e maxia, de disques e ditos…

A idea, polo tanto é achegar ós máis pequenos á nosa cultura e tradición dunha maneira didáctica e divertida.

Galego

Ris Ras

Elenco: Óscar Ferreira e Andrea Bayer

Ris Ras é un espectáculo pensado para enredar, rir e bailar, un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.

Duración: 45 min, Idades recomendadas:  de 1 a 8 anos.

Galego

Que morro!!!

A morte deixa de ser unha inquedanza, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo, Caxoto contacontos, fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura.
Durante 60 minutos póense deixar os malos agoiros a un lado para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descubre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".

Galego

O cego na feira

O espectáculo “O Cego na Feira” trata de recrear esas “actuacións” que facían estes personaxes polos pobos e aldeas galegas. Oli Xiráldez como Cego e Gustavo Couto como Lazarillo, interpretan romances, crimes, mitos e historias recollidas na nosa tradición pero van un pouco máis lonxe. Aportan un toque de humor ao que foi este duro oficio na antigüidade, e crean novas historias con temas actuais que por desgraza nunca pasan de moda; tales como a política, a nova emigración etc, pero sempre dende o punto de vista irónico e sarcástico da vida.

Galego

Miña terra, meu lar

Amaro é un vello lobo de mar que un día, vendo como os ecosistemas mariños etán sufrindo unha verdadeira devastación, decide aportar o seu gran de area no coidado do que durante unha gran parte da súa vida foi a súa casa... o mar.

Miña terra, meu lar é un alegato cara ó coidado do noso partindo dun enfoque local e viaxando cara unha perspectiva global. 

A regra dos tres "R", o ciclo da auga, o calentamento global, ... serán algún dos contidos abordados dende unha perspectiva lúdica

Galego

Marosa e Mariña camiñan a Compostela

Na Catedral de Santiago andan cun problema ben gordo!!! Rompeu a corda do botafumeiro!!! A osa Marosa e a toupiña Mariña farán o Camiño a Compostela para arranxar esa lea…

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Polo mundo adiante

Iremos polo mundo adiante, polo vello continente para celebrar o Día europeo das linguas. A biblioteca encherase de contos de moitos países, para así coñecer mellor a cultura e os costumes da Europa na que nos atopamos. Os contos traspasan fronteiras e demostran que, aínda que temos linguas distintas, non somos tan diferentes.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral