Poetas dinversos: Itisha Giri e Arancha Nogueira
Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne os versos ingleses de Itisha Giri e galegos de Arancha Nogueira, chegados dende O Nepal e Ourense, respectivamente, con certos ecos do spoken word e atravesados por unha ollada feminista.