Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A vida secreta de Úrsula Bas

A estraña desaparición dunha soada escritora é o punto de partida da vida secreta de Úrsula  Bas (Editorial Galaxia, 2021), o novo libro de Arantza Portabales (San Sebastián, 1973), que reúne unha vez máis a Santi Abad e a Ana  Barroso, os protagonistas de  Beleza  vermella, a súa anterior novela. Na presentación deste xoves, a autora estará acompañada por Carlos Lema, escritor e director de edicións na editorial Galaxia e por Javier Pintor, coordinador do ciclo Somos ou  lemos.

A AUTORA

Galego

Botando a lingua a pastar

Cándido Pazó narra contos tirados da tradición oral, motivos adaptados da literatura ou historias de creación propia.

Espectáculo que chega da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que ten como fío condutor principal a lingua galega (curiosidades, uso, normalización e perspectivas) desde un punto de vista filolóxico divulgativo, cultural, humano ou emocional, pero sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión co público.

 

Galego

A Galicia Vamos! To Galicia we go!

Este xoves contaremos coa presenza de Megan Feragne, unha moza americana que nos vén a presentar o seu libro A Galicia Vamos! To Galicia we go! cunha actividade bilingüe castelán/inglés.

A actividade está pensada para rapaces de entre 8 e 12 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o vernes anterior a actividade.

Galego

Os ratiños da caixa

O rato Fuco trae nunha caixa os ratiños mais novos e polo tanto máis pequenos de Lonxedetodo. Ténos que coidar. Amósallos aos nenos e nenas mais cando lles manda que se volvan meter na caixa, os ratos non obedecen e ademáis mórdenlle. Fuco enfádase e consegue que entren na caixa... por pouco tempo. Para calmalos, decide contarlles tres contos, un para cada un. De ratos, por suposto!

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 7 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Versos na pedra

Sole Felloza achéganos á figura e á obra da poeta homenaxeada este ano polas letras Galegas. Un percorrido pola obra de Xela Arias.

Actividade pensada para maiores de 16 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as  medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Contámosche un conto na Bebeteca?

Este mércores e durante todos os mércores do mes de maio teremos contacontos na Bebeteca para nenos e nenas de 2 a 5 anos que debrán estar acompañados dun adulto en todo momento.

O pase será pola tarde ás 18.00 h.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Andando polo camiño

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Imparte: Charo Pita

Facendo o camiño, iremos atopando con xente que está de viaxe e deixa a súa pegada, desde un rato, ata un elefante, sempre adornados con algunha canción para non perder o ritmo das historias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral