Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Érase unha vez... un conto

Historias onde os máis pequenos achegaranse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, incidindo no desenvolvemento da linguaxe e despertando nos máis miúdos o interese pola lectura

 

Duración: 30 min.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Celebrando o Día Internacional da Narración Oral con Atlántica

Este sábado 20 celebramos o Día internacional da narración oral cun contaconto de Cris Caldas pensado para nenos e nenas de entre 4 a 8 anos que poderán vir acompañados dun adulto.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumplirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para el desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Contos para celebrar o Día da Narración Oral: Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento

O festival SETE FALARES, xunto co Festival ATLÁNTICA organizan espectáculos de contos este día por todo o país para celebralo.
En Pontevedra será no Teatro Principal cun espectáculo de contos para público familiar coas compañías pontevedresas Pavís Pavós, Baobab Teatro, Migallas Teatro e Polo Correo do Vento.
Duración 60 minutos
A partir de 4 anos

Galego

Historias da marquesa

Contacontos para rapaces e rapazas a partir de 6 anos a cargo de Pavís Pavós.

Dúas sesións para elixir:

  • 17.30-18.15 h.
  • 18.30-19.15 h.

Con incrición previa a partir do luns 29 de marzo ás 11.00 h. a través do formulario da página web.

 

Prazas limitadas 

 

 

Galego

Unha árbore ven a vernos

Contos para respirar…

O tío Teixo das montañas de Fonsagrada leva as nenas e nenos da biblioteca a unha viaxe ao mundo dos libros que son bosques e dos bosques que son libros.

Duración: 45 min.

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Extra!

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.

As novas máis curiosas, sucesos especiais.

Os temas máis diversos podes coñecer,

os feitos máis recentes. Non os debes perder!

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós.

Galego

Cantos, contos e outras animaladas

Peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos, únicos... e sempre adorables! Un galo cantareiro, unha ovella preguntona, un gato en apuros, unha rata fachendosa... becha, becho, bechiño ou bechoco? Ovo, rato ou toupa? Habitante doutra galaxia ou doce mascota? Descubre que se agocha entre tanta animalada!!!.

Duración: 45 minutos

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Mans

Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar. MANS é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Contos populares, contos de creación propia, fábulas e xogos cas mans…son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas.. e moita imaxinación ¡!

Duración: 40 minutos

Para 10 nenas e nenos a partir de 4 a 12 anos, e 10 adultos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Fotopoesía e empoderamento

Traballarase sobre recursos emocionais para a autoestima e o empoderamiento, a través da creación artística, fotográfica e escritura. Terá lugar os días 12 e 19 de abril e vai dirixido exclusivamente a mozas con idades entre os 15 e os 35 anos.

O concelleiro de Mocidade de Pontevedra, Alberto Oubiña, presentou esta mañá a programación de Xuventude en Rede coa que, segundo explicou, se reformula a maneira de traballar co obxectivo de adaptarnos mellor aos tempos que corren e procurando ofrecer unha maior e mellor oferta de entretemento e formación para a mocidade?.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral