Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mariña, contos nacidos no mar

Mariña, nacida do mar, foi unha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós. "O mar, fermoso e misterioso..."

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

 

Galego

Entre bechos anda o conto

Sesión de narración oral combinada con teatro de monicreques na que o noso protagonista, Tone Martínez, nos mergullará nos diferentes bichos e bechos que hai na nosa natureza e nos mostrará como estes son fundamentais para conservar o noso medio ambiente. O respecto por este, o coidado dos animais, a amizade ou os prexuízos son temas que están presentes en "Entre bechos anda o conto".

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

E a ti... que che contaban? Vero Rilo

"PERIQUIÑO ME / POR AQUÍ NON É

POR AQUÍ TAMPOUCO / ENTÓN... POR ONDE?!

POR AQUÍ, POR AQUÍ, POR AQUÍ..."

E é que Periquiño sempre andaba á procura de novos tesouros, buscando por aquí, por acolá...

E era de cando en vez que algún atopaba...

 

E A TI... QUE CHE CONTABAN?

É un espectáculo de narración oral para público familiar: contos xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto...

Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida

 

DOUS PASES (anotarse só nun)

1º pase: 12.00 h.

Galego

Bechiños

Un coello que se mira a un espello. Un crocodilo que sempre anda perdido.

Un ovo moi raro cun becho agochado. Cinco patiños que agardan

durmidiños... Cantos e contos de animais para pequenos bechiños.

Duración: 30 min.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Contando con Emilia Pardo Bazán

No centenerio de Dona Emilia que se celebra este ano, por medio de fábulas, hisotiras, contos e cancións Marisa Irimia achega aos pequenos a figura da gran escritora.

Actividade pensada para nenos e nenas de + de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o vernes anterior a actividade.

Galego

Musicreques: Contacontos da terra do ceo e do mar

Musicreques está formado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto, que no ano 2012 formaron o grupo Musicreques, un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido. Realizan contos musicais para público infantil e familiar nos que a música de piano, interpretada en directo, mestúrase cos contos e o teatro de monicreques para divertir aos nenos e engaiolalos coa beleza das artes escénicas.

Galego

A rebotica dos contos

Xandobela é a terceira persoa do singular do verbo Xandobelar, unha palabra collida da xerga dos canteiros que significa xogar. As habitantes desta casa e cociñeiras deste proxecto convidamos a xandobelar a grandes e pequenas, porque para nós o xogo é unha actitude fundamental nas persoas, unha marabillosa ferramenta que nos permite educar, compartir, cooperar, coñecer, construir, crear, soñar, descubrir, experimentar... desde a alegría e o divertimento. En Xandobela todo é xogo, e xogando é como aprendemos e construímos.

Galego

Xela Arias: oito pasos... oito versos

A nai promete que sempre vai facer o necesario para que avance o fillo... e o neno dá oito pasos como oito versos. E así faremos nós con versos e relatos de Xela Arias, viaxaremos ao universo poético e narrativo da homenaxeada do Día das Letras Galegas do 2021. Xela non só foi un gran poeta, tamén foi editora e unha das primeiras tradutoras profesionais. O seu traballo achegou a nenos e nenas e tamén aos maiores, grandes autores da literatura universal. Oito pasos... oito versos é un espectáculo de narración oral, con relatos e versos de Xela Arias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral