Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Merendas con contos: O cole de Lonxedetodo

Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen á túa biblioteca. Déixate contaxiar dos seus bos costumes: a lectura en familia.

Merendas con contos é un contacontos dirixido a familias con crianzas de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica.

Galego

B - 612

A historia de O Principiño chéganos a través das luces, as sombras e as cores proxectadas no seu asteroide, da man dun aviador moi especial perdido no deserto.

Viaxamos xuntos por planetas imposibles ocupados por peculiares personaxes que nos farán ver o bo que ten ser diferente, o valioso da infancia e o bonito de elixir o teu propio camiño, aínda que te equivoques.

Galego

Merendas con contos: Animais do bosque

Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen á túa biblioteca. Déixate contaxiar dos seus bos costumes: a lectura en familia.

Merendas con contos é un contacontos dirixido a familias con crianzas de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica.

Galego

Dodondirindonga e Dondondirindón

Así como cantan as campás contaremos e cantaremos historias para a cativada da casa.

Duración: 30 minutos

Actividade da nosa bebeteca pensada para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesario facer unha inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788385/386

Galego

Contiños na Biblio

Sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada. 
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

 

 

Galego

E a ti...que che contaban?

Espectáculo de narración oral para público familiar da man da mestra e contadora Vero Rilo que nos achega unha selección de contos de autor, tradicionais e de recollida, xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto. Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos cos dedos

Os dedos non só serven para aloumiñar e facer cóxegas; ensináronme que os dedos das mans tamén contan historias. Se queres que os meus dedos acaricien as túas orellas con contos, ven este venres á biblioteca.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada unha delas estará acompañada dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

As escritoras contan

Contos como un xeito de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da narración dos seus relatos. A pesar de todos os obstáculos que tiveron que vencer, na historia da cultura houbo grandes escritoras. Con esta actividade de narración oral lembrarémolas e celebraremos os seus escritos.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Empanada de mamut

No cumio da montaña mora o mamut e no máis fondo do val vive Gor, o fraco cavernícola, que ten un só pensamento: facer unha empanada de mamut.

Sabéndose home de moita imaxinación e poucos recursos, Gor proponse recrutar unha tropa de cinco amigos, tan famentos coma el, para conseguir as ferramentas imprescindibles para a gran fazaña de cazar un mamut: unha lanza, un carro, unha pota e leña para o lume. A fame aguza o enxeño. E o lume, pide contos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral