Érase unha vez un conto
Este mércores na Bebeteca o contacontos está a cargo de Marisa Irimia co seu: Érase unha vez un conto ...
Actividade para nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados dun adulto
Precisa de inscrición previa dende o venres anterior no teléfono 988 788385
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

