Dentro da programación do Samaín da Consellería de Normalización Lingüística está o espectáculo ‘O medo hai que entretelo’.
Na noite de Samaín os defuntos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos. Veñen con fame de castañas e con moitas ganas de escoitar contos e lendas nosas. Cerquiña do lume das historias, agarrando a man da compañeira, do compañeiro, pecharemos os ollos e entreteremos ao medo.
Espectáculo de narración oral baseado nos personaxes da nosa mitoloxía: trasnos, mouras, mulleres lobo, ánimas…