Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos no berce

É o momento, antes de durmir, cando acabamos de o bañar ou de cear cando lle podemos contar contos, contos que o farán rir, pensar, aprender, soñar,…

É nese momento onde podemos compartir tantas cousas.

Duración: 40 minutos

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Salón de actos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Pequefilmes 2023

Volve o mellor cine miúdo á Cidade da Cultura coa sexta edición de Pequefilmes. O festival de curtametraxes infantís consolida a súa oferta e proxección internacional cunha amplísima selección de filmes de animación e imaxe real no que teñen cabida todos os estilos e xéneros. Ademais, Pequefilmes mantén este ano a súa aposta por un formato híbrido, con proxeccións en sala e en liña, que permitirán a nenas e nenos de todo o país gozar da programación do festival.O festival decorrerá na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro de 2023.

Galego

O garoto de Ipanema

Todos os anos, polo mes de Xaneiro, Caxoto adica o mes de Xaneiro a empaparse coa vida e obra da persoa homenaxeada ese ano co Día das Letras Galegas despois e prepara un espectáculo pensado para programar ao longo de todo ese ano para público familiar. Destas maneira Xela Arias, Carbalho Calero, Antón Fraguas... pasaron a formar parte do catálogo de espectáculos do narrador oral Caxoto.

Galego

No país do vento

No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visita

Galego

contiños e xogos de Lup

O noso amigo Lup queda na casa os días de choiva e frío, pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

O cociñeiro Martiño

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións...

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Sabela e o paxaro máxico

Narración ilustrada con monicreques de luva, e variña. Unha pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido, uns reis preocupados... e todo iso cheirando a perfume? Non pode ser...

Duración: 50 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Contos da miña casa

A cabra montesina, A media raniña e Os sete cabuxiños son os contos cos que se dorme ás crianzas na miña familia. O alento, a melodía e os sons daquelas historias fanme lembrar a calor da lingua que me alimentou.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Rosalía marabillosa

Celebramos o nacemento da poeta Rosalía de Castro co contacontos ”Rosalía marabillosa” da man de Charo Pita. Poemas e historias da vida de Rosalía de Castro. Mesmo de cando viviu no barrio Maravillas, alá en Madrid.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Un mundo ao revés

Un espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, só unha sucesión de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación. Unha formulación que promete facer realidade os soños e transporta ao público a un mundo onde o imposible pode pasar.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 11.30h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral