Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Os xoves son de conto

Na Biblioteca os xoves son de conto con Sarabela Teatro, vinde ler, cantar, recitar e xogar entre palabras!

Actividade pensada para nenos e nenas de 6 anos en diante. As prazas son limitadas polo que é necesario a inscrición previa desde o venres anterior á actividade ao 988 788385.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Signos que contan

Sesión de contaconto inclusivo para nenos e nenas xordas e oíntes a cargo de María Luisa Lombardero (Interprete) e Fátima Fernández (Narradora).

Para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Inscrición previa dende o venres  anterior á actividade nos teléfonos 988788385/386.

 

Galego

Trispilistiñas

Sesión de contos, xogos e arrolos para os máis pequenos da casa con Pavís Pavós este mércores na Bebeteca.

Actividade pensada  para nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa desde o venres anterior á actividade no teléfono 988 788385

Galego

A viaxe de Lup

Sesión de narración oral con Sole Felloza

Lupodivico Fernando Gómez de Tipiminí é un lobo moito máis pequeno que o longo nome que lle puxo a súa nai, por iso todo o mundo chámalle Lup.

Un día Lup preparou a súa maleta e foise dar a volta ao mundo. Un xersei, unha bufanda, unhas medias quentiñas, un libro de contos, unha pucha, unha mantiña, a cámara de fotos e...unha chupeta! Un lote de cousas para recoller un montón de contos de Igualdade. 

Galego

A sala de Catapunchimpun

Se a "Fabrica de contos" dábanos un paseo polo laboratorio da mesma onde se fabrican os contos, esta nova sala levarnos a dar o final dos contos, o verdadeiro final. Que é dos contos unha vez fabricados no laboratorio? De novo estou sen axudantes así que os visitantes a fabríca serán os que se aventuren comigo para tomar a decisión máis importante dos contos ... o final.

Duración: 45 minutos.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Salón de actos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Mamá, Papá, Pipí

Calquera papá ou mamá, pasamos por ese momento. Ese "terrible" momento de quitarlle o cueiro ao noso bebé. Con este contacontos, trataremos de darvos ideas. Xogos, cancións e mesmo bailes para que, cando chegue a hora, podamos ter máis dun recurso.

Duración: 30 minutos.

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Salón de actos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

O rato ilustrador

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Idades: de 3 a 8 anos

TrinkeTrinke Teatro

O rato Fuco, de camiño á Biblioteca, atopou unha caixa de lápises. Resulta unha extraña casualidade, porque xusto acaba de ler un conto titulado “Tomé e o lapis máxico” . Será tamén máxico algún deste lápises que acaba de atopar?. Poderá debuxar todo o que se lle ocurra?

Galego

Caballito Hop

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa páxina web.

Lugar: salón de actos

Idades: 0 a 3 anos

Soledad Felloza

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá.

A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite faralle un regalo especial.

Galego

Brinca vai! De aquí a acolá

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa páxina web.

Lugar: salón de actos

Idades: de 4 a 12 anos

Paco Nogueiras

Cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Galego

Contos en lingua de signos

Lugar: salón de actos

Contados por Miguel e Blanca da FAXPG

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparás na nosa páxina web.

Fantásticas historias contadas por Miguel e Blanca da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral